Batalla de Glen Shiel

Batalla de Glen Shiel

Data: 10 de xuño de 1719
Lugar: Glen Shiel, Escocia, Gran Bretaña
57°9′59″N 5°19′2″O / 57.16639, -5.31722
Conflito: Levantamento xacobita de 1719
Resultado: Vitoria do goberno británico
Combatentes
Imperio Británico Imperio Británico Xacobitas británicos
Imperio Español España, Rexemento de Galicia
Comandantes
Joseph Wightman William Murray
James Keith
Cameron de Lochiel
Nicolás de Castro Bolaño
Forzas en combate
c. 1 100 1 440
Efectos
Mortes: 141 mortos e feridos Mortes: c. 100 mortos e feridos

A batalla de Glen Shiel (gaélico escocés: Blàr Ghleann Seile ) tivo lugar o 10 de xuño de 1719 nas Terras Altas de Escocia occidental, durante o Alzamento xacobita de 1719. Enfrontou ao exército rebelde xacobita composto por tropas dos clans escoceses afíns e o Rexemento de Galicia do Imperio Español co exército do goberno do Imperio Británico, reforzadas pola Compañía Independente das Terras Altas.

Pretendíase xerar unha distracción para apoiar un desembarco maior no suroeste de Inglaterra, pero a forza principal veuse afectada por unha treboada no cabo Fisterra e cancelouse varias semanas antes; os contemporáneos de ámbolos lados consideraron que o seu fracaso danou fatalmente a causa xacobita.

A montaña onde aconteceu a batalla chámase Sgùrr na Ciste Duibhe; un pico subsidiario chamado Sgurr nan Spainteach, ou "cume dos españois", conmemora aos españois participantes nesta batalla.[1]

  1. "The Battle of Glenshiel". clan-cameron.org. Consultado o 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search